galego español english français
| | | | |

2003.- PREMIO TORRENTE BALLESTER
Convocado pola Deputación de A Coruña polo libro de relatos As humanas proporcións.
 
 

 
  O xurado, integrado por Ángel Basanta, José María Merino, Luis Mateo Díez, José María Guelbenzu, Pedro Sorela, José Antonio Ponte Far, Alfredo Conde, Rubén Abella e Marcos Ricardo Barnatán, salientou o carácter de “fábulas contemporáneas duns relatos construídos en clave fantástica de xeito experimental e con moito enxeño".  
2004.- PREMIO DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE CRÍTICOS LITERARIOS
Na modalidade de narrativa en galego polo libro de relatos As humanas proporcións.
 
 
2008.- PREMIO M. GARCÍA BARROS
Convocado polo Concello de A Estrada pola novela Shakespeare destilado.
 
 

 
  Segundo o fallo do xurado composto por Luís Alonso Girgado, Xosé Manuel Eyré, Carlos Lema, Armando Requeixo e Valentín García Gómez a novela gañadora é “especialmente valorábel por tratarse dun monólogo narrativo, escrito cunha linguaxe coloquial que utiliza recursos rítmicos como a repetición con fins paródicos. A novela é unha metáfora burlesca da literatura que pon en entredito a ficción tradicional como convención e xoga coa tradición literaria de Shakespeare para acabar constituíndo un divertimento en busca da liberdade literaria e da esencia da escrita.”  
 
2009.- PREMIO CUNCA DAS ARTES
No apartado de letras outorgado pola Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP) pola traxectoria literaria do autor.