Biosbardia. Dez libros para xuño de 2025. Doce voz de megafonía, de Xesús Constela. Xerais. Fábula humorística sobre o noso tempo, caracterizado por unha combinación de ultracapitalismo e control social. A través de personaxes que viven nun centro comercial, dominados pola voz de Megafonía, que todo o ordena, a historia conta con moita retranca un confinamento que recorda moito o que se viviu no 2020 por mor da epidemia de covidia. Constela volve demostrar que non son para el nin as modas nin as esixencias comerciais. El segue indo por libre.
Crítica de Doce voz de Megafonía no blog Caderno da Crítica de Ramón Nicolás (10 de maio de 2025)
Cousas por contar. Artigo de Ramón Rozas acerca de Doce voz de Megafonía no diario Gaiciaé. (29 de abril de 2025)
Xesús Constela celebra vinte anos de literatura en galego con Doce voz de Megafonía. Artigo de X. Fandiño no Diario de Ferrol. (20 de abril de 2025)
Pandemia, consumismo e obediencia. Fabio Rivas. Faro de Vigo, 3 de abril de 2025«Só Megafonía, coa súa voz cargada de fermosos matices, rompía de vez en cando o silencio con algunha das súas mensaxes.» Sigo a obra de Xesús Constela (Ferrol, 1963) con devoción desde que cheguei, hai xa ben anos e por casualidade, nunha libraría de vello, a Shakespeare destilado, a novela coa que gañou o García Barros no 2008. O humor co que xogaba nesta obra premiada tamén se mantén na que ata agora era a súa última publicación, O peso do cerebro, sempre a se abocar cara ao límite entre a psicose e o absurdo. O Doce voz de Megafonía que hoxe vimos tratar non perde ese ton de simpatía e comicidade, pero en cambio si lle concede, a través dunha formulación distópica, un pouso máis reflexivo.
A novela lévanos a un territorio chamado Centro Comercial —que, ao cabo, iso é—, lugar de residencia dunha millenta de familias, con ducias de andares cheos de vivendas e comercios de todo tipo, que dun día para o outro se ve na obriga de recluír a todos os habitantes en cadansúas casas para evitar o espallamento dun virus mortal. O anuncio do confinamento é cousa do Supremo Alcalde Maior, mais é a voz de Megafonía a que decote lembra as represalias que se tomarán con quen non obedeza. O que ocorre a continuación ben próximo o temos; só hai que lembrar o acontecido co COVID: a xente bótase ás compras, as máis delas ilóxicas e desproporcionadas, para asegurarse a subsistencia. Despois, pan e circo para garantir a obediencia cega.
Cómpre concluír mencionando que podemos ler con regularidade as crónicas de viaxes que Constela escribe baixo o título «Retallos do mundo» en PontevedraViva, que ben útil é para reencher de osíxeno os pulmóns unha vez rematada a sufocante lectura de Doce voz de Megafonía.
«Con verdades e virtudes». Crítica de O peso do cerebro por Francisco Martínez Bouzas no Faro de Vigo. (24 de maio de 2021)
Crítica de O peso do cerebro por Armando Requeixo no Diario Cultural da Radio Galega. (27 de abril de 2021)
Entrevista de X. Fandiño no Diario de Ferrol con motivo da publicación de O peso do cerebro. (18 de abril de 2021)
«O valor dunha idea.» Crítica de X.M. Eyré acerca de O peso do cerebro no seu blog Ferradura en tránsito, (24 de maio de 2021)
«Que cousas hai na cabeza dunha persoa cando chega a vella?» Entrevista de Belén López para Diario de Pontevedra con motivo da publicación de O peso do cerebro (15 de abril de 2021)
“Non todo pode ser novela negra e material de consumo para institutos. Por camiños faltos de innovación non imos a ningures.” Entrevista de Montse Dopico para Praza Pública. (6 de setembro de 2019)
«Isaac Xubín e Xesús Constela publican novas novelas.» Armando Requeixo convídanos á lectura de Lisa deitada no Diario Cultural da Radio Galega (12 de febreiro de 2019)
Crítica de Lisa deitada en Ferradura en Tránsito II
Recensión : Xesús Constela, A rotura das paisaxes no blog Palabra de Gatsby. (14 de setembro de 2016)
A rotura das paisaxes, de Xesús Constela no blog Caderno da Crítica de Ramón Nicolás (14 de xuño de 2016)
A rotura das paisaxes, de Xesús Constela. Crítica de Antonio Piñeiro en Café Barbantia (29 de marzo de 2016)
A rotura das paisaxes, de Xesús Constela. Crítica de Javier Tazón. (26 de agosto de 2016)
«Se estás sempre pensando no que vai ter saída comercial, a literatura non evolucionaría nada» . Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega acerca de A rotura das paisaxes. (4 de maio de 2016)
Apoteose das perchas, de Xesús Constela no blog Caderno da Crítica de Ramón Nicolás (9 de marzo de 2015)
Apoteose das perchas, un divertimento napolitano. Crítica de Antón Riveiro Coello en Café Barbantia. (5 de marzo de 2015)
15.724, Xesús Constela (Xerais, 2012), Crítica de Inma Otero en Novas do Eixo Atlántico. (20 de agosto de 2012)
A implacable maquinaria do Poder. Crítica de 15.724 por Armando Requeixo no seu blog Criticalia. (13 de agosto de 2012)
15.724. Una Caja de recursos literarios. Crítica de Javier Tazón Ruescas. (29 de xullo de 2014)




